Alfredo Macías Macías
Naceu en Huelva en 1945. Ten obtido máis de 600 premios literarios entre os que destacan o de novela "Casino de Mieres", os de poseía "Rafael Alberti", "Universidad de Murcia" e "Ciudad de Peligros", e os de narrativa breve "Hucha de Plata", "García Pavón" e "Uned".
Ten publicadas as novelas "Memorias de un seductor", "Historias de Al-Andalus" e "El dios Vulcano llora sobre Roma"; os libros de poesía "Ceremonia de la transfiguración" e "El retorno de Ulises", e o ensaio "El fin del Mundo".
A súa última novela publicada, "La casa da las geishas", finalista do Premio Ateneo de Sevilla, é unha crónica da transición democrática española, contemplada a través da epopeia humana de máis de cen personaxes que abarcan todas as capas sociais.