Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero)
Vilalba, 27.06.1951. Estudou en Lugo Maxisterio e foi esta a súa profesión ata xubilar. Membro fundador dos grupos Fuxan os Ventos e A Quenlla, gravou con eles máis dunha trintena de Cds. Leva moitos anos recollendo Cultura Tradicional e facendo un arquivo sonoro do País; traballo e arquivo doado ao Museo do Pobo Galego, dando arranque ao nacemento do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, APOI.
Acadou os premios Pedrón de Ouro (2009); Facer País, en Láncara; o Premio Galiza Mártir, da Fundación Alexandre Bóveda (2012) ou «Os Mártires da Liberdade» en Carral (2015). Obtivo os premios literarios de Paradela, Viveiro, Vilalba e Begonte. Responsable de varios libros de estudos da música tradicional, é autor dos de poesía, Na Lonxitude do Tempo (Premio Antonio Prados Ledesma), Recendos de Luz e Sombra e No papel que mudo escoita, editados pola Irmandade Manuel María da Terra Cha. O Instituto de Estudos Chairegos publicoulle Doce ducias. No 2018 sae en prosa para nenos Luces de festa e outro de versos No perfil das verbas.
Obras premiadas
Poesía
- Neva (2ª Premio) - 1995
- Neva (2ª Premio) - Orixinal - 1995
- Agora (2º Premio) - 2009
- Agora (2º Premio) - Orixinal - 2009