Fuco de Cambria
Francisco Rodríguez Fernández, que adoita asinar os seus traballos co pseudónimo de "FUCO DE CAMBRIA", naceu en Vilalba (Lugo) o ano 1930.
Exerceu como auxiliar administrativo, dependente de comercio, inspector de seguros, administrador de empresas e viaxante. Realizou tamén pequenos traballos de ensaio que publicou periódicamente en xornais galegos.
De formación autodidacta, tivo sempre unha adicación especial ó labor literario, que cultivou por fora do seu quefacer cotián.
Foi Premio de Xornalismo das IV XORNADAS GASTRONÓMICAS - TERRA DE SARRIA, o ano 1990, e Premio de Poesía do grupo cultural Galicia en Madrid en 1994.