Helena Villar Janeiro

Naceu en Becerreá (Lugo), e reside en Santiago de Compostela, onde exerceu como profesora de E.X.B.

A súa traxectoria como escritora iniciouna en 1972, coa publicación do libro de poemas ALALÁS. Despois deste primeiro libro en castelán, publica unha abundante obra, sempre en galego, e boa parte dela en colaboración co seu home, o tamén escritor Xesús Rábade Paredes.

Froito desta colaboración literaria xorden SÍMBOLOS DE GALICIA, O SANGUE NA PAISAXE, MORRER EN VILAQUINTE, NO ALO DE NÓS, O LIBRO DE MARÍA... de ensaio, novela ou poesía. En solitariao ten publicado ALALÁS, ROSALÍA NO ESPELLO, O DÍA QUE CHOVEU DE NOITE, VIAXE Á ILLA REDONDA, VERMIÑO, A CIDADE DE ALDARA, PATAPAU, ERO E O CAPITÁN CREONTE, A CANCIÓN DO REI, BAÚL DE BOLBORETAS, O AVÓ DE PIPA, O ENTERRO DA GALIÑA DE DOMITILA ROIS; e un amplo etcétera de contos relatos, novela ou poesía.

Entre os numerosos premios acadados están o GALICIA, de novela e poesía; PATRONATO ROSALÍA DE CASTRO, MANUEL ANTONIO, VAL MIÑOR, BARCO DE VAPOR, BREOGÁN, XOSÉ MARÍA CHAO LEDO, LORENZO BALEIRÓN, MODESTO R. FIGUEIRIDO, etc.