José Luis Martín Cea
Naceu en Valladolid, onde reside.
"Poeta do amor e da tristura", segundo definición do tamén poeta e amigo Andrés Quintanilla Buey, ten sido galardoado en certames poéticos da súa cidade natal e de Laguna de Duero, Medina del Campo e Pozaldez, tamén nas terras vallisoletanas.
Ten publicado o libro de poemas "Abecedario lírico", e os seus traballos teñen sido lidos en numerosos actos públicos, ou publicados nas revistas "Llanuras" e "Argaya", da Deputación Provincial de Valladolid.
Colabora con algúns grupos culturais, e os seus versos léronse en distintos puntos da xeografía española. Malia os seus anos, está encantado da vida, aínda que esta sexa dura.