Laura López Esteban
Naceu en Lugo en 1999. Fixo estudos de Primaria, Eso e Bac na capital lucense, así como o Grado Profesional de Violín no Conservatorio de Música de Lugo, tendo formado parte da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia.
Conseguíu un dos premios aos mellores expedientes preuniversitarios da Fundación da Enxeñería Civil de Galicia. Na actualidade estuda medicina na USC.
Ten acadado premios literarios de poesía de Nadal (infantil), na Biblioteca Nodal de Lugo; de relato xuvenil en dúas ocasións na Fundación «O Noso Lar» de San Román de Lousada (Samos); e os premios de poesía xuvenil «Francisco Añón» no Concello de Outes (A Coruña), «Terras de Chamoso» en O Corgo (Lugo) e no Belén de Begonte.