Lidia López Teijeiro
Naceu no Concello de Paradela pero actualmente reside en Bexán (Cospeito). Estudiou no IES Trapero Pardo e Filoloxía Galega en Santiago de Compostela.
Os premios que obtivo en distintos eidos da literatura son: XXX Edición dos premios Minerva (2º premio de narración), XXXI Edición dos Premios Minerva (3º premio de narración e 1º premio de poesía), I Certame Lucus Augusti (1º premio de poesía), XII Certame de Contos Vila de Pontedeume (1º premio de narración), XIII Certame de Contos Vila de Pontedeume (1º premio de narración), e XVIII Certame de Poesía María Soliña (2º premio).
Todo o que é, agradécello á súa familia e amigas e amigos que sempre a apoiaron nas boas escollas e nos malos momentos. Tenta cambiar o mundo cos pequenos feitos de cada día, aínda que sexa "só un pouquichiño".