Luis García Pérez
Nado en Pereruela de Sagayo (Zamora), reside en Puertollano (Ciudad Real). Mestre e licenciado en Filoloxía Hispánica, foi docente en E.X.B. e Secundaria, na actualidade xubilado.
Desde moi novo escribe poesía, narrativa, ensaio e teatro. Ten publicado arredor de dúas ducias de libros, entre os que se poden destacar, en poesía, "EL AFILADO ROSTRO DE LAS SOMBRAS" (Premio Ciudad de Pinto, 1988); MISCELÁNEA POÉTICA" (Col. Manxa, 1989) e "RESPLANDOR DE LA PALABRA" (Premio nacional de poesía Rodrigo de Cota, Toledo, 1991); e en narrativa, CRÓNICAS DEL VIENTO (Premio Carta Puebla de Miguelturra, Ciudad Real, 1989).
É Gran Comendador da Orde Francisco de Quevedo e membro da Academia Bibliográfico - Mariana de Lleida. Pertence ó GRUPO ARTÍSTICO LITERARIO GUADIANA, e desde 1996 dirixe a revista de creación "Alforja de Estaribel", que sostén o Concello de Puertollano.
Ten acadados máis de medio milleiro de premios literarios nacionais e internacionais en poesía, narrativa e ensaio, actuando como Mantedor ou Pregoeiro en diversos acontecementos culturais e literarios, e publicado numerosos artigos xornalísticos.