Luis Latorre Real
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración (especialidade en Administración Pública) pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), traballou no sector privado en ensinanza como docente, principalmente en área de novas tecnoloxías e oposicións. En 2002 ingresa por oposición no corpo administrativo da Xunta de Galicia, onde desenvolveu o seu labor en diferentes postos.
Entre 2007 e 2009 desempeñou o cargo de Asesor Especial de Política Local do Concello de Lugo, vinculado a Joaquín García Díez, portavoz do Grupo Municipal Popular.
Actualmente é contertulio habitual de RadioVoz e intervén semanalmente no programa autonómico “Voces de Galicia” e na local “Voces de Lugo”. Tamén mantén o blog “Historias desde Lugo”, accesible desde as direccións www.desdelugo.com e www.desdelugo.es