Manuel López Rodríguez

Membro cofundador do Colectivo Literario-artístico Sacou e do dúo poético-musical NoN SomoS NóS. Responsábel de Acha Escrava Editora e da plataforma artística e literaria A Lanzadeira de Alcor. Organizador do Encontro Nacional de Poetas en Idioma Galego.

Acadou varios premios de poesía tal o Suso Vaamonde, o López Ardeiro, o Eduardo Pondal, o Concello de Carral, Avelina Valladares, Francisco Añón, Rosalía de Castro, Lueiro Rey, Johán Carballeira ou o Arume para a infancia.

Entre outros é autor dos libros Antítese nativa, Rompe, Desde onde non nace, Vangarda Ule, Nas pulsacións, Para que non me esqueza, A flor da letra, Baixo terra. No ar, Cruz(eiro), 831-urb, As palabras do sur ou Deica cantil

Obras premiadas