Manuel Xosé Neira

Naceu en Lugo en 1964, poeta e narrador. O seu primeiro libro de poemas, "O MAR PERDIDO", viu a luz en 1990, publicado por Editorial Galaxia.

Como poeta ten acadados diversos premios, destacando o Premio Esquío, na súa XII Edición; o Premio Begonte de Poesía; e o do Concello de Vilalba.

Colabora asiduamente en O CORREO GALEGO, EL PROGRESO, LA VOZ DE GALICIA, GRIAL, DORNA, COORDENADAS, ESPACIOS e NORDÉS.