María Felicidad Roca Coira
María Felicidad, begontina xubilada, foi premiada no Certame que convoca o Centro cultural José Domínguez Guizán polo primeiro dos seus poemas que acada dimensión pública.
Reside na Casa Martiño de Martín de Abaixo, da parroquia de Trobo, e se para ela foi unha sorpresa conseguir o premio, sorpresa foi tamén para o xurado que unha peza desta calidade xurdira tan de preto da casa do Belén.