María Soledad García Riveiro
Soledad García é unha escritora e poeta nigranesa cunha obra caracterizada polo seu compromiso na defensa do idioma galego, do medio ambiente e do patrimonio da comarca do Val de Miñor e de Vigo. Autora de sete libros infanto-xuvenís: DEDAS, Un paseo por Nigrán, Un paseo por Baiona, A walk in Baiona, Un paseo por Gondomar, SAMAGOSTÍN e URCO, unha historia reciclada. Participa en diversos festivais poéticos e realiza sesións de contacontos. É a creadora do libropoema POEMARcovida, palabras de imaxe e vida, que homenaxea o traballo do persoal sanitario e de protección civil durante a pandemia.
Os seus últimos premios literarios son Bethléem, 1º premio XLVIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal; O camiño de Perséfone, 1º premio VIII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María de Gipuzkoa; As palabras son cinzas por soprar, 1º premio XXVIII Certame Poesía Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela; APOSIOPESE, 3º premio X Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo; Nunha vila caben todos os ventos, 1º premio III Certame de relato O Enxeño Engaiolado de Baiona; Haberán de construír un cemiterio nas illas, algún día!, 1º premio XIX Certame de Relato Curto de Mugardos; e Vivaldi de haikus, 1º premio XIX Certame de Poesía Anomar.
Ten publicado obras colectivas nas editoriais Elvira, Kalandraka, Galaxia, no blog-revista Versos e Aloumiños e na revista do Instituto de Estudos Miñoráns, no que forma parte do grupo de Promoción do Uso do Galego.
Obras premiadas
Poesía
- Bethleém (Primeiro Premio) - 2023