Martiño Maseda Lozano
Licenciado en Filoloxía, obtivo o segundo premio no Certame Xuventude-98 de Narración (1998), foi Premio Ourense de Contos (1999) e Premio de Poesía “O Poeta Azul de Ferrol” (2000), seguindo en 2001 co terceiro premio no Certame Ágora Conto, e o premio de Poesía Pedro Alonso Morgado de Huelva. En 2005, foi premiado no Certame Literario de Vilalba. En 2011, tamén en Vilalba, acadou o segundo premio polo poemario Entre as paredes do silencio.
Colaborou no xornal El Progreso. Ten publicado poemas en revistas literarias, en edición non venal viron a luz o relato gañador xunto cos accésits no Concurso Ourense de contos así como nunha publicación colectiva se incluíron os seus contos premiados nos certames Ágora conto. Varios dos seus textos foron incluídos nunha selección feita por La Voz de Galicia, titulada Relatos de Verán. No Certame nacional de poesía sobre o Nadal de Begonte (XXXII edición), obtivo o segundo premio polo poema O Belén da esperanza.