O BELÉN ELECTRÓNICO DE BEGONTE, MEDIO SÉCULO DE HISTORIA
12/02/2022
O venres 2 de decembro abre as portas o Belén de Begonte, ca inauguración das exposición 50 anos do Belén de Begonte, 1972 - 2022 e Imaxes e palabras no Belén na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia as 17h.
No salón de actos do Centro Cultural do Belén ás 19h, celebración oficial do Cincuentenario do Belén e Apertura do NADAL DE BEGONTE na 51ª edición, presidida por Alfonso Rueda Valenzuela, Presidente da Xunta de Galicia, neste acto entregarase ao Presidente a placa que o acredita como Primeiro visitante do Belén no seu cincuentenario, e descubrirá unha das esculturas que conformarán en todo o concello de Begonte o “Camiño do Belén”, obra do escultor César Lorenzana, na Praciña dos Irmáns Domínguez Guizán, unha réplica en madeira entregouse a S.S O Papa.
Este acto contará ca actuación de solistas das Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.
Vólvese á normalidade en canto ás visitas (consulta os horarios), despois destes anos con restriccións e recomendacións polo COVID-1. Fruto destes últimos anos incorporouse o Belén, a posibilidade da visita de forma virtual, desta maneira globalizouse o acceso o Belén Electrónico de Begonte, a recomendación e visitalo, facendo o camiño do Belén e trasladarse a Begonte.
O Alcalde de Begonte, José Ulla e o Tenente de Alcalde, Luís Luaña, viaxaron en novembro a Roma para visitar no Vaticano á S.S. O Papa, ao que informaron do Cincuentenario do Belén, creado en 1972 polo daquela crego de Begonte, José Domínguez Guizán, e realizado por José Rodríguez Varela.
Begonte situase no mapa de Galicia como lugar de visita obrigada nestas datas de nadal, para comprobar de primeira man o que dicen del, xa que os seus 50 anos pode decir que é Festa de interese turístico de Galicia dende 2014.
Sorprende a maiores e sobre todos os máis pequenos, son moitos os colexios que teñen programadas entre as actividades a realizar no ano, o de visitar o Belén electrónico de Begonte, no so da provincia de Lugo, a maioría antes das vacacións de Nadal.
Despois dun traballo de varios meses a cargo Carlos Torres, Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Rodríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días).
Se ves tódolos anos e como xa saberás inténtase incorporar novas pezas, a veces díficiles de atopar salvo que o coñezas moi ben.
Unha vez desfrutado do Belén aconsellámos a visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o Belén, pódense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.
A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Domínguez Guizán, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil (consulta as bases (pdf)).