Pablo Núñez González
É escritor e funcionario da Xunta de Galicia desde o ano 2002. Apaixoado polas grandes civilizacións, en especial pola romana e a celta, raíces da súa Galicia natal.
Coa súa primeira novela, “Las hijas del César” (editada por El Andén en varios idiomas), foi finalista do LV Premio Planeta de Novela 2006, da que ata hoxe en día se teñen publicado cinco edicións, máis unha en galego. É unha intensa viaxe pola Galicia dos césares, na que Lucus Augusti é ó mesmo tempo escenario e protagonista.
En 2010 ve a luz a súa segunda novela, “Ladrones de historia” (dúas edicións), dinámico relato dunha trama en tempos da guerra civil, na que unha banda internacional tenta saquear o riquísimo patrimonio cultural do país. En 2017 publicou "Juego de reinas".
Colaborador habitual en medios de comunicación galegos, actualmente La Voz de Galicia e Cadena Ser. Ten participado en numerosas publicacións e obras colectivas, entre elas: "Mato sono Io" (Fundación Manuel María 2009), "El Juli, natural(mente)" (Imagineediciones 2010) de Cristina Padín Barca, "Se lo dije a la noche, Poemario traducido a todas las lenguas ibéricas" (Ediciones Beta 2011) coordinado por Juan Carlos García Hoyuelos.