Pablo Veiga López-Castelo
Begonte, 1970. Diplomado en Traballo Social e Licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela. É traballador nos servizos sociais do Concello de Friol desde 1998.
Colabora co xornal Terrachá, coa columna «Coa Nosa Voz», co semanario israelí Aurora en lingua española desde 2010, onde ten a columna «De Compostela a Ierushalaim», e esporadicamente en publicacións relacionadas cos servizos sociais e na prensa local. Participa no proxecto Emcreativo de creación literaria, da Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM)
Ten publicados os libros A Marcha de Anxo (2020), novela e Crónica de un gallego en Israel (2022), diario de viaxe. E acadou entre outros os premios: Ao mellor relato no I Premio Literario IPA —International Police Association— Galicia coa obra Son policía (2019) e o Segundo premio de narrativa co relato «O destino levoume a Paradela», na XXV edición do certame literario Manuel Orestes Rodríguez López, do Concello de Paradela (2020).