José Domínguez Guizán
Vilalbés. Funda o Belén en 1972. Párroco de Begonte ata o seu pasamento o 25 de abril de 1986. En xaneiro de 1981, déuselle o seu nome ao Centro cultural que promove o Belén. En Begonte desenvolveu un importantísimo labor de promoción social e cultural, impulsando importantes obras e deixando unha inesquecible lembranza en todos os que o coñeceron.
Jesús Dominguez Guizán
Vilalbés. Crego como seu irmán, sucedeu a este en 1986 como párroco begontino e como Presidente do Centro Cultural que impulsa o Belén. Se ata daquela estivo nun segundo plano, soubo tomar exemplarmente o testigo deixado polo fundador. Nesta etapa potenciou a acción cultural arredor do Belén, creouse o Museo do Belén, cada ano edítase unha publicación cos traballos premiados en xornalismo e poesía, e impulsouse de xeito definitivo o conxunto de accións que conforman O Nadal de Begonte.
José Rodríguez Varela
Begontino. Especialmente dotado para as manualidades e cunha especial dedicación ao seu pobo, á súa familia e ao Belén, xunto con “Don José” creou este singular Belén, renovouno e coidouno ata o seu pasamento en 2010. Ese mesmo ano, en atención ao especial traballo a prol do seu pobo, o Concello nomeouno Fillo Predilecto de Begonte. En 1978 foi nomeado “Socio de honra” do Belén; en 1982, “Belenista de honra”, e tra-lo seu pasamento, o Museo do Belén chámase, na sua honra, “Museo José Rodríguez Varela”.
José Luis Hernangómez Sastre
Segoviano, adoita indicar que é “un lucense que naceu en Segovia”. Foi nos anos setenta do pasado século Delegado Provincial de Información e Turismo en Lugo, tendo prestado especial apoio ao Belén e as súas iniciativas. En 1977 foi nomeado Presidente de Honra, e desde entón todos os anos está en Begonte nas datas máis sinaladas do Belén e as súas actividades culturais.
Pilar Gómez García
Monterrosina de nacemento, begontina por vínculos familiares e pola devoción polo Belén creado polo seu home, José Rodríguez Varela. Desde o primeiro momento colaborou dun xeito total no Belén electrónico. Foi nomeada “Socia de honra” e “Señora do Belén” en 1982.
Pilar, a "Señora do Belén de Begonte"
María José Cruz Veiga (Teté)
Destacada colaboradora do Belén desde moi nena, foi nomeada “Socia de honra” en 1982. Un desgraciado accidente puxo fin á súa vida en setembro de 1991. A súa memoria perdura entre toda a gran familia do Belén de Begonte.
Xunta Directiva
Presidente: Jesús Domínguez Guizán
Vicepresidente: Xulio Giz Ramil
Secretario: José Rodríguez Gómez
Tesoureira: Pilar Gómez García
Vocais: Carlos Torres Lamas e Jesús Veiga Sangiao
Socios de Honra
2001
Celso Currás
Luis Rial Suárez
Luis Varela Lagares
1999
Antonio Calvo Varela
Víctor López Villarabid
Jesús Parga López
1994
Isabel Santomé
1993
Antonio Calvo Varela
Enrique Fernández González
Cándido Teijeiro Castro
1985
Francisco J. González Martínez
Víctor M. Vázquez Portomeñe
Miguel A. Villanueva Cendón
Odón L. Abad Flores
Antonio González Espinosa de los Monteros
1982
Pilar Gómez García (Señora do Belén)
José Rodríguez Varela (Belenista de Honra)
Ramiro Cruz Gómez
María Pastrana Cruz
María José Cruz Veiga
Jesús Veiga Sangiao
María Concepción Díaz López
Manuel Ricoy López
Ricardo Pena Saavedra
Pepe Regueira
1981
José Miragaya Vázquez
María Dolores Martul Hernández
Marisol Arraña Suárez
Juan Carlos Martul Hernández
1980
Guillermo Fernández Otero
Juan de la Quintana Oriol
Jesús Corredoira Veiga
Gonzalo Pérez Rielo
1979
Luis Cordeiro Rodríguez
Flora Veiga Aldariz
José Tuñas Bouzón
Marcial González Vigo
Julio Giz Ramill
1978
Delegación de Cultura
José Rodríguez Varela
Dionisio Varela Barro
Alfonso Lamas Arias
1977
José Luis Hernangómez Sastre (Presidente de Honra)
Antonio Gómez Pérez
Eduardo Fernández
Ángel Arias López
Daniel Aguilar Lamas (recolleu no 78)