Ruth Fernández Fernández
Profesora de Ensino Secundario, na especialidade de Lingua Castelá e Literatura, é colaboradora habitual de xornais como Galicia Hoxe, no que se publicou o traballo Nadal miúdo, merecedor do primeiro premio no XXXVII Certame de Xornalismo «Begonte e o Nadal». No eido do Xornalismo, gañou tamén o «Premio Periodístico Manuel Reimóndez Portela», na súa novena edición, obtivo Accésit no I Premio Xornalístico sobre Montefurado (Concello de Quiroga, decembro 2005), e 2.º Premio no X Certame ‘Cartas de Amor Vila de Quiroga’.
É autora do libro A provincia de Lugo na obra xornalística en castelán de Ánxel Fole, un traballo de investigación que se centra na análise e compilación dunha gran cantidade de artigos de prensa de Fole referidos á zona do interior e á costa de Lugo. Tamén é coautora do libro Historia do Orfeón Lucense.