Víctor Campio Pereira
Naceu en Garabás (Carballiño, Ourense). Estudiou Maxisterio en Ourense e licenciouse en Filoloxía Hispánica en Madrid, onde residiu vinte anos.
Publicou os seus primeiros poemas nas revistas "POSÍO, ARTES Y LETRAS" e "MIURADOR GALAICO". Poemas seus apareceron tamén nas revistas "DORNA", "TREBO", "ENCRUCILLADA", "CADERNOS do TÁMEGA", etc.
Autor do poemario "O AR QUE NOS LEVA".
Actualmente exerce como profesor de Literatura no INB "As Lagoas" de Ourense.
Obras premiadas
Poesía
- Nadaliña (2º Premio) - 1992
- Nadaliña (2º Premio) - Orixinal - 1992