Xosé Luís Otero Cebral
Xosé Luis Otero Cebral é mestre e escritor.
Ten coordinado labores escolares premiados polo Museo de Pontevedra e programas de Radio Escolar Consellería de Educación.
É autor de varios libros de poesía e etnografía, tendo que subliñarse o seu traballo sobre O carro en Galicia.
Colabora asiduamente co xornal El Progreso, téndoo feito en La Voz de Galicia, Palacio do Rei, Lúa Nova...
Gañou o certame “Vir Fluvius” en 1995, o “Iar” de folclore en 1994 e 1996, o “Vila de Vilalba” de xornalismo en 1998, así como o Certame poético Xohán de Requeixo na súa sexta edición.