Xosé Otero Canto
Natural de Ponte de Outeiro (Castro de Rei - Terra Chá), licenciado en Filoloxía, xubilouse como catedrático de Lingua Castelá e Literatura no I.E.S. Lucus Augusti de Lugo, no que estudou de pequeno.
Ten publicado os libros de poesía Salaios da Chaira, Arelas de prata e soños, Miño, río pai e amigo, Guía poética da Muralla de Lugo, Outono, mancebo céfiro de ás ergueitas, Poemas da cidade, Poética da viaxe, Nenias chairegas, Valuria, As catedrais, portas do misterio, Telúrica, Muralla, Lúa chea imperial, Sinódica luz, Berce máxico e uterino e Imos coller niños novos.
O seu labor poético tenlle deparado máis de vinte premios nos certames literarios do Concello de Vilalba, A Pipa (Becerreá), Terras de Chamoso, Centro Rosalía de Castro de Bos Aires, Concello de Paradela, Nacional de Poesía do Centro cultural «José Domínguez Guizán» de Begonte, Anduriña Voandeira (País Vasco) e Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) entre outros