María Guillermina Mosquera Sánchez
Naceu en Monterroso en 1963. Foi profesora de primaria no Colexio Público "Os Pinos" de Monterroso, e no Colexio Público número 2 de Melide (A Coruña).
É colaboradora de varios xornais e revistas galegas. Ten publicados numerosos traballos de etnografía e folclore galego na revista "Irimia".
Acadou varias mencións literarias e diversos premios xornalísticos, entre os que se poden citar os certames convocados polo Centro Cultural de Begonte e o Centro Cultural "Airiños do Xunco", de Cervo.
Foi fundadora e presidenta da Asociación Cultural e Artística "Falcatrueiros", de Monterroso.