María do Mar Gómez Fernández
Naceu en Conturiz (Lugo) en 1971. Cursou estudios de bacharelato na capital lucense. Xa nos anos do bacharelato as súas aficións lle acadan varios premios en prosa e en verso, no ámbito escolar.
Desde 1990 cultiva case exclusivamente o xénero poético, tanto en galego como en castelán. Nesta lingua, ten inédito un libro de poemas titulado "Flor de Flores".
En galego, figurou entre os finalistas do premio "O Grelo de ouro", de poesía, en 1993.