Manuel Terrín Benavides
Naceu en Montoro (Córdoba), de familia campesiña asalariada. De neno exerce labores do campo. De mozo foi barqueiro. Estudia logo Electrónica Aeronáutica, con especialidade en equipos de Radar en Microondas, profesión que exerce na actualidade.
Con mil premios literarios, é o escritor español máis galardoado.
Ten publicados quince libros (doce de poesís e tres de narrativa), todos eles premiados: Premios Ciudad de Cuenca, Dama de Elche, Ciudad de Guadalajara, Ciudad de Toledo...
A súa cidade natal ten nomeado unha das súas rúas como RONDA DEL POETA MANUEL TERRÍN BENAVIDES. E unha entidade cultural de Montoro leva o nome de AGRUPACIÓN LITERARIA MANUEL TERRÍN.