Jacobo Eireos Franco
![](https://www.belendebegonte.es/sites/default/files/styles/medium/public/autores/jacobo-eireos-franco/fotos/jacoboeireosfranco.jpg?itok=2UduSE2S)
Naceu en Lugo en xaneiro de 1975.
Estudiou Historia en Compostela e Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información Sek de Segovia.
Así mesmo, fixo catro anos de Solfeo e tres de Coral no Conservatorio de Lugo.
Ten publicado artigos en "El Adelantado de Segovia", "El Progreso" de Lugo e "La Voz de Galicia", e feito prácticas de radio no estudio da Universidade Sek e na Cadena Cope en Ribadeo.
Acadou o 1º Premio no Certame Río Miño convocado polo Concello de Lugo.