Xesús Mato Mato
Crego que tivo seis parroquias na montaña de Lugo, foi asesor relixioso e redactor de Radio Popular de lugo, fundou Radio Popular de Lalín, e creou a Polifónica de Lalín. Fundador e primeiro coordinador de Auxilia-Lugo, participou na creación de Fuxan os Ventos (o nome é o título dun poema seu), e "Galicia canta ó neno".
Fundou e dirixiu os coros Santísimo Sacramento e Eijo Garay de Lugo. Foi director tamén do Orfeón Lucense.
É Lucense do Ano, Premio Moncho Valcarce, Premio María Castaña, e fillo predilecto do Concello de Paradela, o seu pobo natal. Recentemente veu a luz o libro "Mato Sono Io", no que cen amigos falan del co gallo dos 75 anos de idade, 50 de crego e 25 na montaña.