Raquel Susana Canulli Ruiz
Nacida en Buenos Aires en 1951, desde pequena viviu na beiramar, en Mar del Plata, e case sen pensalo -confesa- volveu "a parte das miñas entrañas, a esta verde Galicia, na que vou recoñecendo pouco a pouco os pasos dos meus ancestros". Vive nunha aldea de Friol (As Pardellas) rodeada dunha natureza case virxe e de bos veciños.
Escribe poesía desde sempre, aínda que a súa primeira presentación literaria foi precisamente en Begonte.