As Orixes
O primeiro Belén nace en Decembro de 1972. O seu fundador, José Domínguez Guizán, relatábao así: ”Tivemos coñecemento de que en A Coruña, no centro de Formación Profesional Acelerada de Someso, confeccionaran un belén orixinal, movido electricamente, e aló fomos Varela e mais eu a velo e intentar facer algo así. En cuanto volvemos, puxemos mans á obra e xa en Decembro de aquel ano conseguimos monta-lo Belén. Eu creo que xa mellorando o orixinal".
"Era algo ó que lle viña dando voltas na miña mente desde había moito tempo. Algo que chamase a atención, que obrigase a acudir a Begonte, que nos distinguira como pobo, pero que tamén respondese ás inquedanzas do meu Ministerio, que fomentase a relixiosidade e que representase adecuadamente a grandeza do Misterio. Así naceu este belén, do que estamos tan orgullosos”.
Na foto (decembro de 1972), o Bispo de Mondoñedo D. Miguel Anxo Arauxo bendice o primeiro Belén.