María do Cebreiro Rábade Villar

Nada en Santiago de Compostela en 1976, é poeta e profesora titular de teoría da literatura na USC. Publicou os libros de poemas O estadio do espello (1999); (nós, as inadaptadas), accésit do Premio Esquío (2001); Non queres que o poema te coñeza, Premio Caixanova de Poesía (2004); Os hemisferios (2006); Objetos perdidos (2007), antoloxía da súa obra en versión galego-castelá; Cuarto de outono (2008); Non son de aquí (2009); A guerra, con Daniel Salgado (2012); Os inocentes (2014); O deserto (2015), Premio da Crítica Española ao mellor poemario en lingua galega; A lentitude (2017) e Soños. Arquivos. Cartas (2018). A súa publicación máis recente é a A herba de namorar e outros poemas (2019), que escolma os vinte anos da súa traxectoria literaria

Obras premiadas

Poesía