Xosé Román Escourido Basanta
Crego de San Xoán de Covas e outras parroquias da bisbarra, é arcipreste de Viveiro e Delegado diocesán de Santuarios, Peregrinacións e Turismo. Foi o primeiro viveirés ordeado (1984) desde o Congreso Eucarístico de 1961. En 1995 foi nomeado Socio de Honra pola Asociación de Veciños de Bravos e Membro de Honra polo Coro Interparroquial de Xove - Cervo. No 2004 foi Pregoeiro do Nadal en Viveiro. O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia premiouno pola súa colaboración na doazón de sangue na mariña luguesa desde 1981,
Con 18 anos obtivo o segundo Premio de Poesía das Festas Minervais no Colexio Landro de Viveiro, e logo (1970) o Mexilón de prata en Vilagarcía de Arousa.
Desenvolve unha moi importante actividade a prol de Cáritas, é delegado de Turismo, Peregrinacións e Santuarios da súa diocese, e colabora no xornal El Progreso con artigos de temas socio-relixiosos. Ten publicados varios artigos na revista “Pregón” da Semana Santa de Viveiro.