Noelia Martínez Rey
Con oito anos, gañou o seu primeiro premio de poesía na Biblioteca Provincial de Lugo. É unha gran afeccionada á lectura e eso coida que fomentou a súa habilidade para escribir.
Entre os numerosos premios conseguidos destacan en narrativa os de Relatos de Verán de La Voz de Galicia (2003), o de Contos Noble Villa de Portugalete (2009), relatos para rapaces Corazón de la Mancha (Alcázar de San Juan, 2010), Cuentacuentos (Madrid 2004 e 2005), Cuna del Canal de Castilla (Palencia, 2003), Trapero Pardo (Lugo 2004) ou o Concurso de Contos de Llodio (2004). En Poesía e Narrativa, o de Temos un Parlamento, temos unha lingua en 2003, ou o Miguel Hernández (Melilla, 2008). En debuxo e relato fantástico, o Seastaoko Gaztelekua en Sestao (2006). E en Poesía, destacan o Díaz Jácome para novos creadores (Mondoñedo, 2009 e 2010), ou o Premio Internacional St. Paul´s (Barcelona, 2005).
Agora ten 18 anos e estudia Química Industrial na Universidade de Lugo.