Acta do XLIII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL
01/16/2019
Reunido o xurado do XLIII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, formado por: JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro cultural convocante; XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, escritor e XULIO GIZ RAMIL, xornalista, acorda emitir o seguinte fallo:
Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos ao poema LENDA DO BOEDO E DO NON NADO, presentado co lema INCOGNITUS, por XOSÉ OTERO CANTO, de Lugo.
O segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos concedeuse ao poema PAVANA DE NADAL, presentado co lema CLARA CAMPOAMOR, por LAURA LÓPEZ ESTEBAN, de Lugo.
Pola calidade do poema, concédese unha MENCIÓN DE HONRA dotada con estatuíña de Sargadelos a UN BELÉN QUE NUNCA PECHA, presentado co lema GAIFEROS DE MORMALTÁN, por CARLOS LÓPEZ FERNÁNDEZ, residente en Vilalba.
Os premios serán entregados o próximo26 de xaneiro, ás 5 da tarde, no salón de actos do Belén de Begonte