O Conselleiro de Cultura visitou o BELÉN DE BEGONTE
12/13/2024
O pasado xoves, o Conselleiro de Cultura, Lingua e Deporte da Xunta de Galicia, José López Campo, visitou o Belén de Begonte, como colofón da súa visita á capital da provincia onde participou en diversos actos, no día en que Onda Cero Lugo emitíu desde o Centro cultural José Domínguez Guizán un programa en directo de hora e media de duración.
Onda Cero Lugo realizou desde o Belén o seu programa da mañá, dirixido por Mónica Santos, no que interviñeron o Alcalde de Begonte, José Ulla; o concelleiro de turismo, Luis Luaña; o Presidente do Centro Cultural, Xulio Xiz e Carlos Llamas, un dos responsables do Belén, así como un grupo de alumnos do CEIP de Begonte, aos que acompañaron varios profesores e o seu director, Eliseo Real Franco.
O Conselleiro chegou rematado o programa especial dedicado ao Belén e a Begonte, conversou cos rapaces begonteses, contemplou o Belén e interviu en directo no remate do programa galego da cadea de emisoras Onda Cero.