O 30 de novembro abrirase o Belén de Begonte,co pregón do Conselleiro de Educación
11/12/2024
Román Rodríguez González, Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e F. P. da Xunta de Galicia será o pregoeiro do Nadal en Begonte, abrindo dous meses de actividade arredor do Belén Electrónico e do Museo do Belén.
O Pregón hase celebrar o próximo 30 de novembro, ás 18,00 h., no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán para, seguidamente, proceder á apertura da 53ª edición do Belén begontés.
O Belén vai funcionar ata o 1 de febreiro de 2025, co seguinte Horario de visitas:
- 1 a 19 de decembro 2024: Sábados, Domingos e Festivos, de 11,00 a 13,00 e 16,00 a 19,00.
- 20 decembro 2024 a 6 xaneiro 2025: TODOS OS DÍAS, de 11,00 a 13,00 e 16,00 a 19,00 h.
- 7 a 26 xaneiro 2025: Sábados, Domingos e Festivos, de 16,00 a 19,00 h.
Para visitas colectivas, haberá que concertar cita previa no Tfno. 610.907306. Toda a información sobre o Belén pode obterse na web https://www.belendebegonte.es