Publicado o libro “O NADAL EN BEGONTE. XLVIII CERTAMES DE XORNALISMO E POESÍA”
12/03/2024
Vén de ser publicado o libro O NADAL EN BEGONTE. XLVIII CERTAMES DE XORNALISMO E POESÍA, que recolle os traballos premiados nos certames convocados polo Centro cultural José Domínguez Guizán o pasado ano. Recibiron exemplares desta publicación os asistentes ao Pregón do Nadal, celebrado o pasado sábado. Cadanseu libro desta colección publícase ao comezo do Nadal, desde a edición XIV dos certames, hai trinta e catro anos.
En Poesía aparecen publicados os traballos: BETHLÉEM, de SOLEDAD GARCÍA RIVEIRO, de Nigrán (Pontevedra); AO NENO LEVADE LELÍAS DE MÚSICA E POESÍA, de XOSÉ OTERO CANTO, de Lugo; UN NENO, NOSO VECIÑO, de DAVID CORRAL DÍAZ, de Ferrol, e POSTALES DE BELÉN, de MANUEL LAESPADA VIZCAÍNO, de Albacete.
En xornalismo os publicados son EL BELÉN DE BEGONTE, GUARDIAN DE NUESTROS RECUERDOS, de LUÍS LATORRE REAL de Lugo; UNHA LUZ CERTA, de XOAN NEIRA, de Viveiro e DOÑA PILAR, EL BELÉN DE BEGO0NTE Y UN NIÑO, de Pepe Pol de Montefurado, Quiroga.
O libro será entregado gratuitamente no Belén de Begonte.