Certame Nacional de Poesía do Belén de Begonte
01/16/2025
Reunido o xurado do XLIX CERTAME GALEGO DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, escritor; SARA BLANCO DÍAZ e MARÍA JESÚS BLANCO DÍAZ, da Comisión de Cultura do Centro convocante, e XULIO GIZ RAMIL, Presidente do Centro, que actúa como Secretario, acordan premiar os traballos dos seguintes autores:
Premio Begonte de Poesía, dotado con 1.000 € e estatuiña de Sargadelos a JOSÉ TORRES PIÑEIRO (“José da Cruz Nova”), begontés residente na cidade de Lugo, polo conxunto de poemas “O NADAL EN BEGONTE”.
Segundo Premio, dotado con 500 € e diploma, a RAFA VILLAR, de Cee, con domicilio en Bertamiráns (Ames), polo poema “DE DÁTILES E MEL A NOITE”.
Pola calidade do traballo, concédese unha Mención de Honra con diploma a MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ, de Noia (A Coruña), polo poema “MELODÍA COMPLEXA”.
Os premios serán entregados o próximo 1 de febreiro, no decurso dos actos de clausura de “O Nadal en Begonte”.