Comezan as plantacións de árbores do Xardín do Belén de Begonte
04/11/2025
O Concello de Begonte comezou as plantacións de árbores no XARDÍN DO BELÉN.
Esta iniciativa do profesor emérito da USC Antonio Rigueiro, xunto co Belén, o CEIP e o Concello de Begonte, bota a andar coa plantación de árbores que permitirán que os enfeites do Belén se fagan con plantas autóctonas, obtidas nesta superficie arborada, que se sitúa nas inmediacións do Colexio de Begonte e na futura escola infantil.
Na fotografía, traballos de plantación das árbores no Xardín do Belén.