ROMÁN RODRÍGUEZ e JOSÉ CARLOS ULLOA, Socios de Honra do Belén de Begonte
01/21/2025
O Belén de Begonte ven de nomear dous novos Socios de Honra: Román Rodríguez González, e José Carlos Ulloa García.
Román Rodríguez González, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, pregoeiro do Nadal de Begonte na presente edición, ten demostrado en repetidas ocasións o seu vencello con Begonte e a Cultura e, de xeito especial, co Belén Electrónico.
José Carlos Ulloa Garcia, escritor e profesor, vén de doar ao Belén a colección de seu tío, Edelmiro Ulloa -crego, creador durante varias décadas do belén do Hospital Xeral de Lugo-, composta por 31 figuras artesanais, das que algunhas xa se incorporaron ao Belén e outras ao Museo que recolle medio século de belenismo en Begonte.
As distincións serán entregadas o próximo 1 de febreiro, no decurso dos actos de clausura de “O NADAL EN BEGONTE”, que organiza o Centro Cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén de Begonte.