ADOLFINA MESA, PREMIO DO CERTAME GALEGO DE ARTE DE BEGONTE
01/03/2020
O 2 de xaneiro de 2020, ás dezaoito horas, na sala de exposicións da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia, reuniuse o xurado da XXX edición do CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro culturaal do mesmo nome, impulsor do Belén Electrónico de Begonte, formado por:
AURELIA BALSEIRO, Direcctora do Museo Provincial de Lugo; MANUEL GULÍN, pintor; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA-ZALO, pintor; e XULIO GIZ, xornalista, en representación do Centro cultural convocante, como secretario, sen voz nin voto, acordando por unanimidade emitir o seguinte fallo:
- Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de arte, para premiar traballos de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), que promovan a igualdade e loiten pola erradicación da violencia sexual sufrida polas mulleres, dotado con 1.500 € e estatuíña de Sargadelos, á obra “AMOR MORTAL” (acrílico sobre lenzo e outros materiais), da que é autora ADOLFINA MESA, residente en Monterroso (Lugo).
- Pola calidade do seu traballo, concédese unha MENCIÓN DE HONRA dotada con estatuíña de Sargadelos á obra VISIBEIS INVISIBEIS de Eduardo Baamonde, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
A obra á que se concede o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, será utilizada polo Concello de Begonte, dentro das súas campañas a prol da igualdade e de loita contra a violencia sufrida polas mulleres.
Os premios serán entregados no Centro cultural de Begonte, no decurso dos actos de clausura da actual edición do Belén de Begonte, a celebrar o 25 de xaneiro de 2019.