Os nenos de Paradela no Belén de Begonte
12/16/2022
O alumnado do CEIP San Miguel de Paradela visitou o Belén de Begonte, na mañá deste venres, dentro dunha viaxe organizada polo centro educativo en colaboración co Concello, dentro das celebracións do bicentenario da institucion municipal.
Despois de presenciar unha sesión do Belén electrónico -que está a celebrar o primeiro medio século da súa existencia- e de visitar o Museo do Belén, alumnos e profesores xuntáronse para unha “foto de familia” ao pé da estatua de Cesar Lorenzana das “botas do camiñante a Begonte”, da que o Alcalde begontino entregou recentemente unha reproducción ao Papa Francisco nunha visita ao Vaticano para invitar á S.S. a visitar Begonte.