“Pechado” o Belén de Begonte, que foi visitado este domingo por tres colectivos
01/28/2019
O Belén de Begonte pechou oficialmente as súas portas o pasado sábado, co remate de “O Nadal en Begonte”, entrega de premios dos certames culturales convocados e a actuación de profesores e alumnos das Escolas de Música de Rábade – Begonte – Outeiro de Rei.
Pero o peche foi só oficialmente, xa que na práctica o Belén e Museo do Belén seguen a recibir visitas, especialmente colectivas, e mesmo a xornada de clausura se rexistrou a presencia de grupos de visitantes.
E onte, domingo, foron tres os colectivos que acudiron a Begonte visitar Belén e Museo. Por unha parte, un numeroso grupo de persoas procedente de Ponferrada (León), unha excursión de Vilasantar (A Coruña) e un grupo de maiores de Viveiro (Lugo).
Recoméndase aos grupos que aínda queiran visitar o Belén begontino que o avisen previamente ao teléfono 982 396 121, para facilitar esta visita.