Abre o Belén de Begonte
01/15/2018
Acompañamos arquivo coa información das actividades que compoñen a campaña O NADAL EN BEGONTE, que comeza mañán, sábado, dous de decembro.
Ás 18,00 h., na igrexa parroquial de Begonte, celebrarase unha misa polos socios e amigos do Belén falecidos. No momento da homilia, o Director de Galicia Calidade, o xornalista Alfonso Cabaleiro Durán, pronunciará o Pregón desta edición XLVI do Nadal begontino
Cantará a misa o ORFEÓN LUCENSE, coro da Catedral de Lugo, dirixido polo seu titular Marcos Fernández Mosquera, que ao final da misa ofrecerá un breve recital de panxoliñas.
De seguido, abrirase ao público o Belén electrónico de Begonte, e o Museo do Belén. O Belén presenta este ano, no seu afán de reflectir a vida nunha aldea chairega, unha nova figura: a de un labrador que colabora na extinción dun incendio horestal, como honenaxe a todos os galegos que na pasada vaga de lumes expuxeron as súas vidas para extinguir os incendios forestais.