Belén de Begonte: 700 persoas no primeiro día
12/05/2022
700 persoas visitaron o Belén de Begonte no primeiro día de apertura ao público neste tempo de Nadal no que a instalación celebra o seu primeiro cincuentenario.
O venres 2, con motivo da inauguración desta celebración, o Belén funcionou para os arredor de douscentos asistentes aos actos de apertura de “O Nadal de Begonte”. Tamén funcionou o domingo, especialmente para os asistentes á Misa celebrada na igrexa parroquial polos amigos do Belén falecidos.
O primeiro día de funcionamento ao público foi o domingo 4, en horario de 11 a 13 e de 16 a 19, cunha asistencia de alomenos 700 persoas.
Ata o Nadal, e desde o Día de Reis ao 28 de xaneiro, o Belén abrirá os sábados, domingos e festivos, e desde o Nadal ata o Día de Reis todos os días.
Para asistir de xeito individual ou en familia, non hai que facer ningunha xestión previa. Si o teñen que facer os que organicen viaxes colectivos -centros educativos, asociacións, entidades...- que deberán avisar previamente ao teléfono 610 907 306 (Carlos) para ser atendidos á hora que se acorde.
Cada pase do Belén -de entrada gratuíta- ten unha duración de 14 minutos. E poden asistir en cada sesión arredor de cincuenta persoas.