Clausura de O Nadal en Begonte
01/27/2017
Mañán, sábado, 28 de xaneiro, vai ter lugar a clausura de O Nadal en Begonte, campaña promovida polo Centro cultural José Domínguez Guizán, arredor do Belén electrónico bebontino. O acto de clausura vaise celebrar ás 17,00 h., no Centro Cultural.
Nel entregaranse os premios dos Certames de ARTE, XORNALISMO, POESÍA e DEBUXO INFANTIL, e actuarán os alumnos da Escola de Música dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte.
Presidirán o acto o Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha; o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal; a xefa do servizo de Cultura da Xunta en Lugo, María José Gómez Rodríguez; o Presidente de honra do Belén, José Luis Hernangómez Sastre, e o Presidente do centro cultural, Jesús Domínguez Guizán.