Clausura de O NADAL EN BEGONTE
01/29/2018
O sábado 27 de xaneiro, ás cinco da tarde, no salón de actos do centro cultural de Begonte, foi clausurada a tempada O NADAL EN BEGONTE. Actuou o coro da Asociación MUSICO CRISANTO, das escolas de música dos Concellos de RABADE-BEGONTE-OUTEIRO de Rei, dirixido por Esperanza Iglesias, e foron entregados os premios dos Certames convocados polo centro cultural impulsor do Belén de Begonte. Entregáronse os seguintes premios:
Certame galego de arte JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN
Na sala de arte da Xunta de Galicia en Lugo (edificio administrativo, reúnese o xurado do XXVIII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, de Begonte, formado por AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo Provincial de Lugo; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO), pintor; MANUEL GULIN RODRÍGUEZ (pintor), e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro convocante, como secretario sen voz nin voto.
Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:
Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, a FERNANDO VILLALBA, de Lugo, pola obra “El bosque”.
Certame xornalístico “Begonte e o Nadal”
O Xurado cualificador dos traballos presentados ao XLII CERTAME XORNALÍSTICO “BEGONTE E O NADAL”, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro cultural covocante; BLANCA PACÍN SOMOZA, Bibliotecaria; XULIO XIZ RAMIL, xornalista e JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ, secretario do Centro cultural José Domínguez Guizán, acordou conceder os seguintes premios:
PREMIO DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, para o traballo titulado “VOLVER A NACER. LA SOMBRA DEL FACEDOR”, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.
SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sagadelos, ao traballo titulado “BEGONTE, O NOSO GRECCIO”, publicado en El Progreso, por Maria Pilar Campo Domínguez-Marica Campo.
Pola calidade dos traballos, acórdase conceder cadansúa Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos, aos traballos:
“CONTO DE NADAL: A DERRADEIRA VIAXE”, publicado en Galicia Digital por Xosé Román Escourido Basanta.
“EL BELÉN DE GRECCIO. LA TRADICIÓN DEL NACIMIENTO”, publicado en Galicia Digital por Begontina, seudónimo de Beatriz Valcárcel Gómez. E
“A LECCIÓN DO BELÉN DE BEGONTE”, publicado en Galicia Digital por JOSÉ REINALDO POL-Pepe Pol.
XLII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL DE BEGONTE
En Begonte, reúnese o Xurado calificador dos traballos presentados ao XLII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural “José Domínguez Guizán”, e patrocinado por Abanca, formado por: JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro cultural convocante; XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, poeta e XULIO XIZ RAMIL, xornalista, que actúa como secretario. Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:
1.- Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado cn 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema XESUS E O MALABARISTA, presentado por XOSÉ OTERO CANTO de Lugo.
2º premio, dotado con 300€ e estatuiña de Sargadelos a CANTIGA DE VIAXEIROS, presentado co lema GEISHA, por LAURA LÓPEZ ESTÉBAN, de Lugo.
Pola calidade dos traballos presentados, concédese cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotada con cadansúa estatuíña de Sargadelos aos poemas:
NADAL DE AGORA E SEMPRE, de BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO (Mero), de Xanceda-A Coruña.
PANXOLIÑAS Ó BELÉN DE BEGONTE, presentado co lema “Nadal 2017” por MARÍA FELICIDAD ROCA COIRA, de Trobo-Begonte.
VIVA LA NAVIDAD, presentado co lema “Paz y amor” por LÁZARO DOMÍNGUEZ GALLEGO, de Ferrol.
XLII Certame de DEBUXO INFANTIL do Belén de Begonte
Ven de reunirse o Xurado do XLII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de Begonte co patrocinio da Caixa Rural Galega, formado por JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN (Presidente do Centro Cultural), MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ (pintor) e XULIO XIZ (Vicepresidente do Centro), acordando por unanimidade conceder os seguintes premios:
Categoría A (Ata 10 anos)
Primeiros premios
RAMIRO PARGA PIÑEIRO. 9 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte
DANIELA YÁÑEZ LORENZO. 9 anos. Colexio Juan Rey-Lourenzá
SILVIA OTERO CORRAL. 8 anos. Ceip de Baamonde
Segundos premios:
CARLA SOUTO GUTIÉRREZ. 10 anos. Ceip Mato Vizoso –Vilalba
PABLO CASTAÑO LÓPEZ. 10 años.Colexio La Milagrosa-Lugo
JIMENA FDEZ.-REINANTE PEREZ. 9 anos. Ceip S. Miguel de Reinante
UXÍA MARTÍNEZ GONZÁLEZ. 5 anos. Ceip Insua Bermudez-Vilalba
DANIELA FREIXO FORÉS. 7 anos. Ceip Foz número 1
Categoría B (11 a 15 anos)
Primeiros premios:
ELIAN GARCÍA GONZÁLEZ. 11 anos. – Colexio O Cantel (Foz)
MARÍA JANEIRO FERNÁNDEZ. Ies Vilar Ponte (Viveiro)
ALEX LÓPEZ RAMIL. 11 anos. Ceip Virxe do Corpiño- Begonte
Segundos premios:
EMMA REGO EIROA. 14 anos. Ies Vilar Ponte – Viveiro
MARÍA GARCÍA-ANLLO SECO. 11 anos.Ceip Insua Bermúdez-Vilalba
LUCÍA CASTAÑO LÓPEZ. 11 anos. Colexio La Milagrosa-Lugo
ANTÍA MIRAGAYA VÁZQUEZ. 11 anos. Colexio La Milagrosa-Lugo
ERIKA GONZÁLEZ SOLA. 11 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte
Participaron no certame un total de 157 traballos, dos que 104 corresponden á Categoría A, e 53 ás da Categoría B. Os primeiros premios están dotados con 60€ e estatuíña de Sargadelos, e os segundos con 30€ e estatuíña.