Clausura do Cincuentenario do Belén de Begonte e entrega de premios dos Certames culturais e títulos de Socios de Honra
01/26/2023
O próximo sábado, 28 de xaneiro, ás cinco da tarde, no salón de actos do Centro cultural “José Domínguez Guizán” de Begonte, vaise celebrar o acto de clausura do Cincuentenario do Belén, no decurso do que se entregarán os premios dos catro certames culturais convocados con tal motivo, así como tamén tres títulos de Socios de Honra.
Ponse fin así a case dous meses de celebracións, desde o comezo do pasado mes de decembro, inauguradas polo Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, dos que se fará balance neste acto.
Recibirán os premios instituidos polo Centro Cultural: Antonio Calvo Varela, de Lugo (1º premio) e Juan Lorenzo Collado Gómez, de Abacete (2º), do Premio Nacional de Poesía; Santiago Rodríguez López, de Bristol-U.K. (1º) e Pepe Pol (2º) do certame de Xornalismo, e Manuel Carballeira Rivas (Premio) e Santiago Lago Canzobre (Mención de Honra) do Certame Galego de arte que leva o nome do fundador do Belén.
En debuxo infantil recibirán premios os traballos dos seguintes estudantes de Primaria e E.S.O.:
CATEGORÍA A.- Ata 10 anos. Primeiros premios:
- CARLA GONZÁLEZ RIVAS. 9 anos. Colexio O Cantel - Foz.
- IRIA PARGA PIÑEIRO. 9 anos. Col. plurilingüe Virxe do Corpiño – Begonte
- XANA FRAGA BARCÍA. 8 anos. Ceip O Cantel – Foz
Segundos premios:
- NOA GARCÍA GONZÁLEZ. 9 anos. Ceip O Cantel – Foz
- ANDREA PEREIRA LÓPEZ. 9 amos. Colexio Virxe do Corpiño – Begonte
- ANTONIO MASEDA DÍAZ. 6 anos. Ceip plurilingüe Número 1 de Foz
- CATALINA AGUADO COBAS, 9 anos. Ceip O Cantel – Foz
- KENYA LOUSAS DA COSTA. 7 anos. Ceip Número 1 de Foz
CATEGORÍA B.- 11 a 15 anos. Primeiros premios:
- ALBA TORRES LÓPEZ. 14 anos. Ies Vilar Ponte – Viveiro
- EMMA PEDREIRA BOUZA. 13 anos. Ies Dionisio Gamallo – Ribadeo
-MIGUEL FRA BALTAR, 15 anos. Ies Illa de Sarón – Xove
Segundos premios:
- MARÍA PAZ ARES. 14 anos. Ies Vilar Ponte – Viveiro
- CARLOTA RODRÍGUEZ SÁNCHEZ. 14 anos. Ies Vilar Ponte – Viveiro
- YERAY FONTELA DÍAZ. 11 anos. Colexio Virxe do Corpiño – Begonte
- SARA LÓPEZ CORA. 15 anos. Ies Vilar Ponte – Viveiro
- NEREA FRAGA PÉRTEGA. 13 anos. Ies Dionisio Gamallo – Ribadeo
Serán enteregados, así mesmo, tres títulos de socios de Honra do Belén a José Antonio Abelleira, “o alemán”, a título póstumo; Carlos Torres Lamas, e José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte.
Os asistentes poderán contemplar xa o Mural confeccionado por Diego As, traballo que se veu retrasado polos recentes temporais en Begonte, que o artista rematou o pasado mércores. O Mural, que ocupa o lateral dun edificio á beira da estrada Nacional VI, ven ser unha homenaxe do artista ao seu avó, que de neno o levaba ver o Belén, e unha especial difusión desta realidade cincuentenaria que convirte á capital do concello en “Begonte do Belén”, desde o ano 1972.