Entrega virtual dos premios do Belén de Begonte
03/17/2021
Nunha sesión celebrada na tarde do pasado luns, efectuouse a entrega virtual de premios dos Certames de Xornalismo, Poesía e Arte do Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade impulsora do Belén Electrónico.
Desde Santiago participou Valentín García Gómez, Pregoeiro da XLIX edición de O Nadal en Begonte (Primeiro Pregoeiro Virtual) e Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; desde Begonte o Alcalde, José Ulla Rocha, e o Presidente do Centro Cultural, Jesús Domínguez Guizán; desde Madrid, o Presidente de Honra do Belén, José Luis Hernangómez Sastre, e desde Lugo o coordinador dos certames, Xulio Xiz.
Os premiados nos diversos certames (algúns non puideron intervir por dificultades de conexión) recibirán nos seus domicilios as habituais estatuíñas de Sargadelos, séndolles aboados nas súas contas bancarias os importes económicos.
Todos os participantes congratuláronse do excepcional resultado virtual da edición do presente ano, expresando o desexo de que a próxima edición, a 50ª do Belén Electrónico, poida xa celebrarse de xeito presencial.