Esta fin de semana, máis de 2.500 visitantes ao Belén de Begonte
12/18/2023
A pasada fin de semana, máis de 2.500 visitantes acudiron ao Belén de Begonte. Aínda que ata Noiteboa só se abre o Belén os festivos e vïsperas, por diversas peticións recibidas abriuse tamén o pasado venres, dia no que acudiron 200 persoas. Segundo datos recollidos polos responsables do coidado do Belén e atención aos visitantes, estes foron máis de 800 o sábado,16, e máis de 1.400 o domingo, 17, coincidindo estas últimas datas coa Feira do Nadal organizada polo concello de Begonte.
Acudiron así mesmo viaxes colectivas procedentes de Escairón, Santiago e Lugo, cun total de 164 asistentes. A partir do próximo día 24, e ata o 6 de xaneiro, o Belén poderá ser visitado diariamente de 11 a 13 h. e de 16 a 19, debendo comunicarse previamente as visitas colectivas ao Teléfono 610.907.306.