Exposición dos cadros presentados ao XXX Certame Galego de Arte
01/02/2020
Hoxe, xoves, ás 18,00 h., na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, vaise inaugurar a exposición dos cadros presentados ao XXX CERTAME GALEGO DE ARTE convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén Electrónico de Begonte.
O certame deste ano convocouse para premiar obras pictóricas que promovan a igualdade de xénero e loiten pola erradicación da violencia sexual sufrida polas mulleres.
Estas obras trasladaranse o próximo día 13 para ser expostas na Casa de Cultura de Begonte.